Numeracion Curtis logos

CURSO ECORAXIA FOOD LAB 2019

Formación e asesoramento para a promoción e comercialización de productos hortofrutícolas ecolóxicos. Hai axudas para o desprazamento. Inicio o 25 de setembro de 2019. Lugar de realización: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar. Horario: 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Duración: 100 horas de setembro a outubro 2019. Telf. de contacto: 674731474. Organiza: Asociación Raíña. 

CURSO ECORAIXA FOODLAB

CURSO DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN + CARNÉ C E CAP

DIRIXIDO A PERSONAS MOZAS: Menores de 30 anos desempregadas/os da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove.

FORMACIÓN: ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN + CARNÉ C E CAP

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria en A Barcala-Cambre e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).

A data de inicio, prevista para outubro, será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada formativa obrigatoria ,a desenvolver preferentemente, é en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carnet C e o CAP, xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo de inscrición péchase o luns 23 de setembro ás 14:00 horas.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext. 2037 

FORMACIÓN PARA COIDADORAS DE PERSOAS DEPENDENTES

Es o fuches coidadora de persoas dependentes?

Interésache aprender a coidarte?

Inicio: 8 Outubro 2019

Duración: 8 sesións (1 individual e 7 grupais), os martes. O horario adaptaráse ás necesidades das demandantes. 

Obxectivo: Actividad para adquirir hábitos máis saudables, xestionar o teu tempo, aprender a comunicar as túas necesidades persoais, manexar emocións, etc. 

Máis información e inscricións: CIM Curtis 981789003 Ext. 2032

Cursos de linguaxe administrativa galega e CELGA: 1º cuadrimestre

                                                                    

Resolución do 02 de agosto de 2019 (DOG do 20 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia presenciais e en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.

PRIMEIRO CUADRIMESTRE

Curso
Horario
Días
Comezo das clases

Linguaxe admva. superior

13:00-15:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)

CELGA 2

11:00-13:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)

CELGA 4

11:00-13:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)

CELGA 4

13:00-15:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)


Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

Para os cursos do 1º cuadrimestre (outubro-xaneiro): solicitude de praza do 2 ao 11 de setembro en www.eoidigital.com/preinslinguagalega; sorteo de adxudicación o 13 de setembro (o día 14 de setembro poderase consultar na web de inscrición se foi admitido/a); inscrición e entrega de documentación dos solicitantes admitidos: do 16 ao 18 de setembro na secretaria da EOI.

As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e do teléfono 981 546 511. realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas oficiais conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis información: DOG 20/08/19

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.