Numeracion Curtis logos

Os gastos correntes e en servizos reduciranse nun 20% e o soldo do alcalde conxelarase en 2016

plenopresu 2015

  • Levarase a pleno a creación da Comisión de Coordinación Municipal, órgano onde se debaterá e acordará toda a acción de Goberno.

O Concello de Curtis prevé unha redución respecto deste ano de case un 20% na partida de gastos correntes e servizos nos orzamentos de 2016, partida que ascende a 1,9 millóns de euros, grazas a unha mellora na xestión. Este é o camiño que o Goberno local pretende continuar nos seguintes exercicios co fin de lograr que os servizos se poidan autofinanciar.
En canto á segunda partida de gastos máis alta do Concello, a de persoal, de 1,2 millóns, contempla o aumento do 1% na retribución, que é a fixada polo Ministerio de Facenda, pero o alcalde Javier Caínzos si conxelará a súa nómina, que non se actualizará segundo a porcentaxe correspondente.

O concello levará as contas municipais para o seu debate e aprobación a un pleno extraordinario o día 28, sesión na que, ademais, aprobarase a creación da Comisión de Coordinación Municipal, contemplada no ROM, que será o órgano onde os concelleiros responsables de área debatan e consensúen toda a acción de Goberno.

Comisión de Coordinación

As dietas por asistencia a esta comisión de carácter mensual será de 200 euros, que o rexedor tampouco cobrará. Javier Caínzos aclarou que “se contemplan estas dietas aos edís pola dirección das súas respectivas áreas e para afrontar os gastos que lles supón a súa xestión”. Lembrou que Curtis é dos poucos concellos da zona, incluídos aqueles con menor número de habitantes, que ten unha única dedicación exclusiva e ningunha parcial.

O alcalde argumentou, que “a pesar deste gasto, non aumentará a cantidade final que se abonará en órganos de Goberno respecto doutros anos tras rebaixar un 54% as dietas de asistencia a plenos, un 33% as das comisións de contas e mesas de contratación, e tras eliminar a comisión informativa, que xa supuña un custo de 31.000 euros”.

Artigos relacionados:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.