Numeracion Curtis logos

Luz verde á redución das tarifas do 40% das taxas por expedición de documentos e prestación de servizos administrativos

  • O equipo de Gobierno aproba a rebaixa en solitario, así como as melloras en parques infantís.
  • O Pleno deu conta da renuncia Esther Lago, edil de Igualdade, Mocidade e Voluntariado por motivos labores e familiares.
  • O edil non adscrito Víctor Manuel Fernández tomou posesión en substitución de Pilar Ponte.

fotocorporacion17O equipo de Goberno aprobou en solitario no Pleno ordinario de onte rebaixar o 40% das actuais taxas por expedición de documentos e prestación de servizos administrativos, e manter as tarifas do resto, medida coa que o Concello quere apoiar ás economías familiares e empresariais, "seguindo os pasos da conxelación do resto de taxas municipais desde 2013", segundo lembrou o alcalde Javier Caínzos.

Os concelleiros non adscritos votaron en contra desta redución, recollida na nova normativa fiscal, ao considerar que as taxas "son desproporcionadas". Pero o portavoz Antonio Fraga lembroulles que, coa rebaixa proposta as novas tarifas non cobren nin a metade do custo destes servizos para as arcas municipais, cifrado, segundo o estudo técnico económico, en 110.000 euros anuais. O estudo valorou tanto o gasto de persoal tendo en conta a carga de traballo que supoñen estas accións como o de bens e materiais.

O alcalde destacou a rebaixa nas tarifas das tramitacións máis demandas polos veciños, como as catastrais ou o empadroamento.

Parques infantís

O Pleno tamén deu luz verde á ratificación dos decretos que modifican o proxecto de rehabilitación do Edificio de Usos Múltiples e o da mellora e axardinamento da Praza de Compostela, en Curtis, e do parque infantil Mestre Amparo Beledo Manuel Chaín, en Teixeiro. Os decretos foron aprobados no último pleno ordinario para axilizar a tramitación das obras. Os concelleiros adscritos votaron en contra dos proxectos de acondicionamento dos parques infantís.

Ademais, na sesión plenaria tomou posesión o novo concelleiro non adscrito, Víctor Manuel Fernández, que substituirá á edil Pilar Ponte Boo, que deixou a Corporación por motivos laborais e persoais. Tamén se comunicou a renuncia de Esther Lago Fariña, responsable das áreas de Igualdade, Mocidade e Voluntariado do Concello de Curtis, tamén por motivos familiares e laborais, xa que o seu novo emprego sitúase a 25 km. de distancia.

Remanente de 2,5 millóns en 2016

Durante o Pleno ordinario deuse conta, ademais, do informe sobre a liquidación dos Orzamentos municipais de 2016, de 4.034.286 euros, no que destaca un alto grao de execución en todos os capítulos. A porcentaxe de obrigacións recoñecidas foi do 84,46% e o de pagos realizados, do 87,14%. En canto aos ingresos, en 2016 executouse case o 80% dos previstos, mentres que a recadación subiu ata o 81,3%.

Entre as cifras sobresae, ademais, o remanente de tesouraría (o saldo que reflicte a solvencia ou capacidade económica dunha Administración para afrontar as súas débedas), que ascende a 2,5 millóns de euros.

Ordenanza reguladora do depósito, carga e transporte da madeira

Así mesmo, aprobouse por unanimidade a ordenanza municipal sobre o depósito, carga e transporte da madeira, para a que se abriu un proceso de consulta pública co fin de recibir opinións e suxestións das persoas e colectivos potencialmente afectados pola regulación.

O obxectivo da ordenanza é facer compatible estas actividades coa preservación das vías públicas, seguridade viaria, bens municipais e medio natural do Concello.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.