Numeracion Curtis logos

En exposición pública as Contas Xerais do 2015 do Concello de Curtis

 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, luns, 6 de xuño, o anuncio de exposición pública das Contas Xerais do 2015 do Concello de Curtis:

Formulada e rendida a Conta Xeral desta Entidade correspondente ó exercicio de 2015, integrada polas Contas e Estados á que fai referencia o art 209.1 do RDL 2/2004, del 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e informada pola Comisión especial de Contas, en sesión celebrada o día 30 de maio de 2016, exponse ó público cos documentos que a xustifican, na Secretaría deste Concello, por espazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes días, de conformidade co disposto no art 212.3 do citado texto legal e demais disposicións concordantes vixentes.

O Rally Terras do Mandeo atraeu a 25.000 persoas, cun impacto económico de medio millón de euros

 

  • A sede oficial e os boxes da competición instaláronse como en anos anteriores no Recinto Feiral de Curtis, e o pistoletazo de saída foi en Teixeiro.

fotorally1 2016O impacto económico do III Rally Terras do Mandeo polo territorio por onde transcorreu a competición os pasados días 13 e 14 de maio superou o medio millón de euros, segundo calcula a organización.

A pesar da choiva, achegáronse máis de 25.000 persoas a seguir de preto o Rally, que estableceu, como nos tres anos anteriores, as súas oficinas, a súa sede oficial e os boxes para os vehículos no Recinto Feiral de Curtis e deu o seu pistoletazo de saída desde a Praza de España en Teixeiro.

Na presentación do cartel desta competición de ámbito nacional e internacional no Centro Etnográfico de Teixeiro, o alcalde Javier Caínzos destacou a forte capacidade de atracción de visitantes deste evento, que "é un incentivo económico e turístico moi importante tanto para o municipio de Curtis como para o resto de concellos por onde transcorren as carreiras, Aranga, Sobrado e Guitiriz", sostivo o rexedor. Os miles de persoas que se achegaron conseguiron unha ocupación hostaleira dun 100% e encheron os locais de hostalaría.

fotorally2 2016 copyFoi de destacar o gran cadro de persoal dos pilotos participantes, un total de 63, con figuras da talla de Xevi Pons, que fixo a presentación a nivel europeo do seu Peugeot 208 Maxi Rally de RMC, co que acabou gañando a competición, ou Alex Villanueva, Carlos Aldecoa ou Edgar Vigo. Ademais, nesta edición fixo o seu debut o equipo feminino de Muller e Motor, bolseiro pola Federación Española de Automobilismo, e contouse coa presenza de vehículos históricos.

A aposta do Concello de Curtis por esta competición iniciouse hai tres anos e desde entón foi crecendo en presenza e en apoios doutros municipios.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.