Numeracion Curtis logos

Lista definitiva de puntuacións do procedemento de selección e contratación dun peón a xornada completa, como persoal laboral temporal, para obras e servizos mínimos

rsz logo 2 colordiputacion la coruna

LISTA DEFINITIVA DE PUNTUACIÓNS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DUN PEÓN A XORNADA COMPLETA, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, PARA OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE CURTIS

Publícase a lista definitiva de puntuacións acadadas polos/as aspirantes ao procedemento de selección para a contratación, en réxime laboral temporal, dun peón a xornada completa para obras e servizos mínimos municipais, ao abeiro das Bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes anualidade 2016 (BOP Nº 75 de 21/04/2016) da Deputación da Coruña, así como tamén se publica o candidata a contratar.

Publícase o decreto da alcaldía de aprobación da lista definitiva de puntuacións do procedemento de selección e contratación dun peón a xornada completa, como persoal laboral, para obras e servizos mínimos municipais do Concello de Curtis.

LISTA DEFINITIVA DE PUNTACIÓNS

APELIDOS E NOME DNI PUNTUACIÓN FINAL
Sánchez Vázquez, José Manuel 78783092L 9
Astray Rodríguez, José 76512260T 7,5
Vázquez Coro, Belén 32826024X 6,75
Ares Sánchez, Fernando 53167292D 5,75
Fandiño García, Manuel 32795813K 5,5
Paz Sanmiguel, Andrés 76575509E 3,5
García Fojo, Ana M.ª 32673122N 3
Merelas Lavandeira, José Ramón 22725047N 2
Martín de la Fuente, M.ª Celeste 50988606K 1,75
Martínez Brañas, José Manuel 32783788W 1,5
López Gómez, Antonio 34892910R 1,2
Ares López, M.ª Antonia 78786949N 1
García García, José Luís 33226643S NO APTO

PERSOA A CONTRATAR: Don José Manuel Sánchez Vázquez

Curtis, 30 de maio de 2016

pdfLISTA_DEFINTIVA_DE_PUNTUACIONS_E_CONTRATACION_DUN_PEON_A_XORNADA_COMPLETA.pdf

 

O GES de Curtis incorpora a un novo profesional e renova o equipamento de vestiario

grupoges 2016

  • O Grupo Supramunicipal actuou en 248 emerxencias no 2015, entre elas 116 accidentes de tráfico e 35 lumes, 26 deles urbanos.

O Concello de Curtis deu esta semana a benvida ao novo peón do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, Pablo Sánchez, que pasou un proceso selectivo, ao que se presentaron once persoas, coa nota máis alta. O GES, composto por doce profesionais, está agora completo con esta incorporación.

Ademais de presentar ao novo membro, entregáronse os cuadrantes e o equipamento de vestiario para esta tempada, que tivo un custo de preto de 5.000 euros. O ano pasado o Concello adquiriu xa o equipamento especial de intervención para todos os efectivos, un total de 12 equipos completos (roupa e cascos) por un importe de 14.625 euros. En abril, o GES tamén recibiu tres traxes especiais para o control da vespa velutina e a formación necesaria para loitar contra esta praga, e en xullo asistirán a un curso sobre sistemas eléctricos.

O Grupo, que cobre as emerxencias as 24 horas do día todo o ano, púxose en marcha no 2013 para dar unha resposta áxil e eficaz aos cidadáns ante calquera incidencia derivada principalmente do desencadenamiento de riscos naturais, procura de persoas, accidentes de tráfico, incendios urbanos ou aglomeracións significativas de persoas. O equipo de Curtis atende tamén os municipios de Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga. En total, cobre unha extensión de 800 quilómetros e da servizo a unha poboación de 18.000 veciños.

gesintervencion 2016
Intervencións en 2015

O ano pasado, o GES actuou en 248 emerxencias, entre as que destacan 116 accidentes de tráfico, un terzo deles no concello de Oza-Cesuras. Ademais, interveu en 26 incendios urbanos, 9 lumes forestais e 15 dispositivos de búsqueda e rescate.

Os avisos de emerxencias deben facerse a través do teléfono 112 da Xunta de Galicia, que coordina todos os equipos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.