Numeracion Curtis logos

Taller sobre a importancia do suelo pélvico organizado pola Área de Igualdade a través do CIM

  • A fisioterapeuta e osteópata, Ana Vázquez, foi a encargada de impartir o taller este martes pola tarde no Recinto Feiral de Curtis, dentro do actos que organiza o CIM de Curtis. 
  • O vindeiro xoves día 6 de maio impartirase este mesmo taller no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. 

Curtis-Teixeiro, 29 de maio de 2024-. A Área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do CIM, vén de celebrar no Recinto Feiral de Curtis o taller “Muller e autocoidado”. Impartido pola fisioterapeuta e osteópata, Ana Vázquez, traballouse a importancia do suelo pélvico.

O taller englobou unha parte teórica onde se explicaron as funcións deste conxunto de músculos e ligamentos ademais de como este se ve afectado en diferentes momentos como o parto, o postparto ou a menopausia. Á súa vez tamén se racharon con estereotipos instaurados na sociedade sobre este
tema.

Xa na parte práctica realizáronse diferentes exercicios destinados ao fortalecemento do mesmo.

Dende a Área de Igualdade explicouse que este taller está enmarcado dentro das actividades que o CIM organiza para coñecer o noso corpo e co obxectivo de concienciar sobre a importancia do autocoidado tanto físico como emocional.
O mesmo taller impartirase en Teixeiro o vindeiro 6 de maio ás 16:15 horas e o 24 de xuño o taller de alimentación complementaria BLW impartido por Paula García Otero.

taller suelo pélvico curtis copy

taller suelo pélvico curtis 2

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.