Área de deportes
O acceso de toda a poboación á práctica deportiva foi unha preocupación constante do Concello, o que se traduciu na apertura de modernas instalacións como ximnasios, piscinas descubertas, pavillóns ou pistas de pádel, entre outras, e a través da posta en marcha de proxectos e actividades para incentivar o deporte en colectivos de todas as idades.
Acordos con outros municipios. Na súa aposta por incentivar a prestación de servizos conxuntos cos concellos limítrofes, Curtis asinou acordos con Vilasantar, Aranga e Sobrado para que os veciños utilicen as instalacións deportivas ao mesmo custo que se estivesen empadroados.
Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Telf. 981 789 003