Redes sociais e plataformas 2.0
O Concello de Curtis está presente en diferentes redes sociais e plataformas, ás que se poden acceder tamén desde este portal, tales como Facebook, Twitter, Flicker ou YouTube. O Concello de Curtis proxecta a súa presenza 2.0 como unha aposta por ampliar os espazos de participación abertos e plurais a todas as opinións e intereses da cidadanía.
Normas de participación:
En aras de crear unha comunidade nas redes sociais tolerante, respectuosa e cordial, o Concello de Curtis estableceu unhas mínimas normas de participación:
1- Serán eliminados os comentarios con contidos, ligazóns ou fotos que se consideren insultantes, difamatorios, discriminatorios, violentos, racistas ou de linguaxe ofensiva.
2- Os comentarios reiterativos, que non teñan sentido ou que estean orientados a promocionar iniciativas individuais consideraranse spam e eliminaranse.
Se se desexa que o Concello promocione algunha actividade de carácter individual ou colectiva que poida ser útil para a cidadanía, pode solicitarse a través dos espazos de mensaxería privada das propias redes sociais ou a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e estudarase para a súa toma en consideración.
3.- Non se publicarán contidos ou materiais que poidan infrinxir os dereitos de terceiros.
4- Non se publicarán datos persoais como direccións, teléfonos, etc, tanto propios como alleos.
O administrador do Concello de Curtis resérvase o dereito de bloquear os perfís que non se axusten a estas normas, xa sexa de maneira temporal ou definitiva.