Subvencións
-
Subvención do programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais 2025
Mediante resolución da Presidencia número 2620 de 22 de xaneiro de 2025, publicada no BOP número 19 do
29 de xaneiro de 2025 procedeuse a conceder, de forma provisional, as subvencións da convocatoria Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2025 (FOPPSS/2025)
A subvención concedida ao Concello de Curtis, por importe de 73.600 € , financiará o importe do persoal dos serivzos sociais e o servizo de axuda no fogar de libre concorrencia , tal e como se indica na seguinte taboa.
MÓDULO SUBVENCIONADO:
I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 18.000,00 €
II Persoal técnico A2 22.000,00 €
IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas 2.400 h - 33.600,00 €
TOTAL 73.600,00 €
- Programa de envellecemento activo 2024
Este servizo esta financiado pola Deputación da Coruña a través do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024. (FOEAC/2024)
- Subvención Pos+Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024.
O pleno da deputación Provincial da Coruña , con data do 24 de novembro de 2023, aprobou as Bases reguladoras do Plan provincial de cooperación a obras e servizos de competencia municipal (Plan Unico de Concellos)
“POS+2024”, que se destina aos 93 concellos da provincia.
O texto íntegro das bases foi iniciado no Boletín Oficial da Provincia n.º 227 do 28/11/2023, xunto co POS+2024 regúlase simultaneamente, o POS+ADICIONAL 1/2024 para o financiamiento dos gastos sociais extraordinarios, que será xestionado pola Sección de Servizos Sociais da Deputación.
A cantidade do POS+ADICIONAL 1/2024 asignada neste concello para os gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024 é a seguinte:
POS+ADICIONAL 1/2024 para gastos sociais extraordinarios: 66103,06€
PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
O Concello de Curtis desenvolveu no ano 2025 o programa “Maiormente Activado”, coa finalidade de proporcionar ás persoas maiores actividades de lecer, participación social e mobilidade, favorecendo así un envellecemento activo.
Dende o Concello entendemos o envellecemento como unha etapa da vida de especial relevancia, que require ser atendida de maneira integral. Para gozar dun estado óptimo de saúde, é necesario manter un equilibrio ocupacional que inclúa o benestar físico, psíquico e social das persoas.
Traballar neste sentido resulta fundamental para promover un envellecemento activo, directamente vinculado ao benestar e á calidade de vida.