Numeracion Curtis logos

ACORDO PARQUE EÓLICO ABRENTE

Publicado no día de hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ACORDO do 22 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Abrente nos concellos de Vilasantar, Sobrado e Curtis (expediente IN408A 2018/025).

Poden descargalo na seguinte ligazón: Acordo (22/11/2022) Información Pública AAP+AAC+EIA+PIA-PE Abrente:

Plano xeral page 0001

BASES O TEU POBO PREMIA

O Concello de Curtis a través da Área de Promoción Económica pon en marcha por terceiro ano consecutivo a campaña de apoio e promoción ao comercio e hostalería local "O teu pobo premia".

A campaña consiste nun sorteo de 47 premios que contan cun valor total de 10.000 euros. Dous vales de 500€ e corenta e cinco vales de 200€ canxeables nos establecementos do Concello de Curtis.

A compra deberá ter lugar antes do 6 de xaneiro de 2023.

O sorteo realizarase o día 13 de xaneiro de 2023 ás 10:00 horas na casa do Concello en Teixeiro.

O nome dos gañadores comunicarase a través das redes sociais e páxina web do concello.

PREME NA LIGAZÓN: BASES_O_TEU_POBO_PREMIA_2022-2023.pdf

316965746 2357943107699095 794480925300034563 n

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.