Numeracion Curtis logos

Curtis inviste 98.700 euros na adquisición de maquinaria e ferramentas para atender demandas veciñais e obras

fotomaquinariaA área de Obras e Servizos do Concello de Curtis investiu 98.700 euros na adquisición de maquinaria e ferramentas para atender de maneira máis eficiente as melloras, pequenas obras e demandas dos veciños co menor custo económico e no menor tempo posible.

Entre os novos equipos destacan un camión con guindastre e cesta de fibra, dúas rozadoras de man e unha autopropulsada, un tractor cortacéspedes, unha moto serra profesional, dúas sopladores de mochila e dúas atomizadoras sulfotadoras de gasolina.

Ademais, adquiríronse un centenar de valos e dous calefactores para os pavillóns polideportivos.

Convocatoria de procedemento de selección para a formación dunha lista de contratación de auxiliares administrativos

servizoscurtis 2016 copy copyCONVOCATORIA DE PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE CONTRATACIÓN DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS DO CONCELLO DE CURTIS

Infórmase a toda as persoas interesadas en anotarse ao procedemento de selección para a formación dunha lista de contratación de auxiliares administrativos/as do Concello de Curtis  que o prazo de inscrición é dende o día 20 ao 24 de febreiro de 2017 (ambos incluídos).

Poden consultar as bases da convocatoria na páxina web do Concello (www.curtis.gal), na Casa do Concello e na Oficina Municipal en Curtis.

Curtis, 18 de febreiro de 2017

pdfBASES_PARA_A_FORMACION_DUNHA_LISTA_DE_CONTRATACION_DE_AUX_ADMINISTRATIVOS-AS.pdf

pdfANEXO_I_.pdf

pdfANEXO_II.pdf

pdfANEXO_III.pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.