Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis estenderá até finais de xuño as actividades de promoción da saúde

fotossaude 2017O Concello de Curtis continuará co desenvolvemento de actividades vinculadas coa promoción da saúde e potenciando os hábitos e estilos de vida saudable até finais do mes de xuño. Neste programa se inclúyen iniciativas tanto para o colectivo de adultos e da terceira idade co fin de animarlles a ocupar o seu tempo de lecer con actividades físicas moderadas como para os mozos.

Así, os talleres de psicoestimulación, nos que se traballa a ximnasia mental e física, a memoria e a relaxación, desenvolveranse os luns no Edificio de Usos Múltiples de Curtis, de 18.30 a 20.00 horas; os martes, en Teixeiro, de 18.30 a 20.00 horas, e o xoves no centro social de Santaia, de 16.30 a 18.30 horas.

Tamén se manterán as clases con monitor nos parques biosaludables para a terceira idade para que aprendan a optimar o seu rendemento, así como as andainas urbanas, das que se avisará puntualmente dos días e os horarios.

Estas actividades enmárcanse na Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do SNS que desenvolve na actualidade o Concello desde a área de Deportes e con apoio das entidades educativas e sanitaras do municipio, e que dan continuidade ás iniciadas no 2008 co programa Concellos Saudables.

 

As melloras na Praza de Compostela e o parque infantil de Teixeiro estarán finalizadas este verán

  • O pleno acordou cambios na Comisión de Contas para dar entrada a todos os concelleiros de BNG que abandonaron a formación nacionalista.

pleno febrero 2017O Goberno local aprobou hoxe por unanimidade en Pleno ordinario o proxecto de modificación das obras de mellora e de axardinamento da Praza de Compostela en Curtis e do parque infantil Mestres Amparo Belea Manuel Chaín en Teixeiro, que estarán finalizadas este verán, segundo avanzou o alcalde Javier Caínzos.

O proxecto, cun custo de 57.401 euros e financiado polo Plan Provincial de Medio Ambiente, suporá a instalación no parque infantil adxacente á Casa Consistorial dunha arquitectura que creará unha zona sombra e de catro proxectores luminosos. No xardín da estación de ferrocarril de Curtis, a actuación mellorará a súa integración ambiental e a súa iluminación. Ademais, instalarase a rega automática, plantaranse novas árbores e sumarase ao plan inicial a recuperación da zona do lavadoiro, coa colocación de mesas e cadeiras.

Órgano colexiado

O Pleno deu tamén luz verde ao aumento do número de concelleiros que integran a Comisión Especial de Contas e, por tanto, das cantidades orzadas como dietas de asistencia.

O cambio é obrigado para dar entrada neste órgano colexiado a todos os edís da oposición, os catro concelleiros que agora son non adscritos tras a súa saída do BNG xa que teñen consideración unipersonal e non de grupo municipal. Tamén entrarán a formar parte da Comisión de Contas o resto dos edís do PP que non estaban até agora xa que a Lei de Bases Local e o ROM (Regulamento Orgánico Municipal) esixe que a súa composición manteña a proporcionalidade dos resultados electorais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.