Numeracion Curtis logos

Enquisa sobre o transporte público por estrada no municipio de Curtis

O Concello de Curtis necesita da colaboración da veciñanza usuaria do transporte público por estrada para coñecer a súa opinión sobre o servizo actual e recoller as súas propostas e suxerencias de mellora.

Por iso, pon en marcha unha enquisa rápida sobre a calidade do servizo, as liñas, paradas, horarios e frecuencias e anima a todos os veciños e veciñas a participar coas súas respostas neste pequeno cuestionario. A enquisa pecharase o luns, día 30.

Transporte público por estrada

Valore do 1 ao 10 a calidade en termos xenéricos do actual transporte público por estrada (1 é a valoración máis baixa)
Entrada no válida

Está contento coas liñas actuais do transporte público?
Entrada no válida

Se non está contento, como cre que debemos mellorar as liñas? Aumentando o número...etc
Entrada no válida

Está satisfeito coa número e ubicación das paradas actuais?
Entrada no válida

Se non está satisfeito, que cambios nos suxire no número ou ubicación das paradas?
Entrada no válida

Cre correctos os horarios e frecuencias dos autobuses que dan servizo a o noso concello?
Entrada no válida

Que cambios introduciría nos horarios e frecuencias?
Entrada no válida

Otras suxerencias
Entrada no válida

O II Campionato Galego de Powerlifting e o I Open Nacional Concello de Curtis celebraranse en Teixeiro o 4 de febreiro

  • A entrada será un donativo para apoiar a campaña 'Unha cura para Adri'

campionato powerO polideportivo municipal de Teixeiro volverá acoller por segundo ano consecutivo o Campionato de Powerlifting de Galicia, que converterá ao municipio de Curtis no centro dos afeccionados a este deporte de forza. A data será o sábado, 4 de febreiro, día no que se celebrará tamén o I Open Nacional 'Concello de Curtis', é dicir, unha proba non oficial aberta a quen queira participar.

Este ano, ademais, a entrada terá carácter benéfico xa que será un donativo para apoiar a campaña 'Unha cura para Adri', o pequeno de Ares que sofre a síndrome de Hunter. A recadación destinarase á investigación da terapia contra esta rara enfermidade.

Da organización e das inscricións deste certame, que depende da Concellaría de Deportes, encárgase Santiago Fernández Linares, Guti, embaixador de Curtis, monitor dos ximnasios municipais e que foi campión de España na categoría de press banca open e subcampión do mundo en peso morto. O ano pasado, ao I Campionato acudiron sesenta deportistas que conseguiron varias marcas nacionais.

Con esta proba, o Goberno local reforza a súa aposta por impulsar tanto o coñecemento e a práctica de diversas disciplinas deportivas así como pola organización de actividades e campionatos que axuden a promocionar o municipio a través de colaboracións coas federacións galegas de fútbol sala, atletismo, halterofilia e boxeo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.