Numeracion Curtis logos

Alumnos dos CEIP de Curtis e Teixeiro participan nos obradoiros de igualdade e corresponsabilidade familiar

obradoiroUn total de corenta nenos e nenas de 5º de primaria do CEIP de Curtis e de 5º e 6º de primaria do CEIP de Teixeiro participaron nos tres obradoiros de igualdade e de coeducación postos en marcha polo Centro de Información á Muller (CIM) de Curtis en coordinación cos centros educativos.

Con esta iniciativa, que se desenvolve de maneira periódica nos colexios e institutos, o Goberno local pretende que os mozos e mozas coñezan e comprendan o respecto do principio de igualde de oportunidades e que sexan conscientes da importancia de trasmitir unha imaxe plural e non estereotipada das mulleres e dos homes así como da necesaria corresponsabilidade familiar.

Este programa do CIM contou para o súa execución cunha subvención da Obra Social La Caixa. No financiamento do centro participan a Secretaría Xeral de Igualdade e o FSE.

Caínzos asiste á reunión da Comisión de Desenvolvemento Económico da FEMP, que abordou os plans de emprego

  • O alcalde de Curtis é vocal desta comisión, que busca impulsar aos concellos como axentes dinamizadores da economía local.

reunion fempOs problemas dos plans de emprego das comunidades autónomas e o estudo das medidas urxentes para o Impulso do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil foron dous dos principais temas abordados na reunión da Comisión de Desenvolvemento Económico e Emprego da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, forma parte como vogal.

Nesta comisión, que ten como obxectivo apoiar o labor dos servizos locais de Emprego e a súa coordinación cos servizos autonómicos e estatais así como a posta en valor dos municipios como axentes dinamizadores da economía dada a súa estreita vinculación co tecido empresarial local, analizáronse asuntos importantes para a xestión municipal diaria vinculada co desenvolvemento e o emprego.

Tamén se estudou o Plan de Traballo 2016-2019, que inclúe, entre outros asuntos, a creación dunha rede informativa de emprego e desenvolvemento local, o plan de formación continuada e a colaboración con outras institucións e axentes de emprego. Ademais, se achegou información sobre a LXIII Conferencia de Emprego e Asuntos Laborais, celebrada o pasado mes de decembro, e sobre o Plan de Avaliación específico do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.