Numeracion Curtis logos

Máis de 150 nenos de sete municipios participarán na I Gala de Patinaxe Concello de Curtis

galapatinaje 2016

As Escolas Deportivas Municipais, organizarán mañá, sábado, día 16, a I Gala de Patinaxe Concello de Curtis na que participarán máis de 150 nenos dos municipios de Curtis, Toques, Frades, Boimorto, Betanzos, Cerceda e Culleredo.

A gala, que será só de exhibición non de carácter competitivo, celebrarase no pavillón polideportivo de Curtis a partir das 16.10 horas.

Non é a primeira vez que o Concello organiza exhibicións de patinaxe, deporte polo que vén apostando desde hai varios anos, pero até agora só participaban os alumnos da Escola Municipal. Este ano, por primeira vez, convidouse aos mozos doutros municipios para darlle un novo impulso.

Na Escola de Patinaxe de Curtis están inscritos 47 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, aínda que a maioría non chega aos 7 anos. Na gala participarán 45 deles.

 

Lista provisional de admitidos e excluídos ás probas para a provisión dunha praza para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (persoal laboral)

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS ÁS PROBAS PARA A PROVISIÓN DE UNHA PRAZA PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (PERSOAL LABORAL).

Por resolución da alcaldía 120/2016 de 13/04/2016 adoptáronse os seguintes acordos:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a provisión dunha praza para o GES de Curtis, que a continuación se relaciona:

EXCLUÍDOS:

NIF                                                CAUSA DE EXCLUSIÓN

45848216Q            Solicitude fora de prazo e falta documentación base 3ª.5
34269562E             Solicitude fora de prazo

ADMITIDOS:

NIF

47359538P
47376385L
46896452G
47381549P
47370969P
47361397G
32768679G
45671642J
47385602J

SEGUNDO.- Os aspirantes excluídos dispoñen de tres días, contados a partires do seguinte a esta publicación, para poder subsanar ou emendar, no seu caso, o defecto que motivou a exclusión. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello de Curtis ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; as solicitudes que se presenten a través da Oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Neste caso os aspirantes deberá comunicalo ao Concello mediante fax (981789578) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Actuarase de igual xeito, no caso de ser presentada a solicitude noutra Administración Pública.

TERCEIRO.- Publicar esta resolución no taboleiro de anuncios do Concello e páxina web do Concello.

Teixeiro, 13 de abril de 2016

pdfLISTA_PROVISIONAL_ADMITIDOS_E_EXCLUIDOS_AS_PROBAS_PARA_PROVISION_DE_1_PRAZA_DO_GES_DE_CURTIS.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.