Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis aposta por impulsar o sector forestal promovendo as sociedades de propietarios

sofor 2016

  • Polo menos tres áreas do municipio adaptaríanse ás condicións das Sofor e o Goberno local traballa para que salga adiante algún proxecto piloto.

O Concello de Curtis está a traballar para darlle un novo impulso ao sector forestal do municipio promovendo a unión de propietarios nas Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), que axudarán a unha mellor organización do monte e a un maior aproveitamento económico deste recurso.

O Goberno local pretende que saia adiante algún proxecto piloto a través desta figura xurídica que dará ferramentas aos propietarios para que, cos apoios que pon á súa disposición a consellería de Medio Rural, desenvolvan unha xestión máis profesional e melloren a rendibilidade dos seus terreos. "No concello existen tres zonas que se adaptan ás condicións das Sofor e que poderían integrarse", sostén o alcalde Javier Caínzos, que lembra que case 7.000 hectáreas do municipio é superficie forestal fronte ás 4.700 destinadas directamente a usos agrarios.

Con esta figura, o Goberno local, ademais, de impulsar este sector económico, busca unha ordenación máis racional dos montes e un menor abandono das terras, "o que tamén redundará na prevención contra os incendios forestais", destaca Caínzos.

Charla informativa o luns, 18

Para informar aos veciños e dar respostas máis concretas aos propietarios que xa solicitaron información, Tomás Fernández-Couto, director xeral de Ordenación e Produción Forestal, impartirá o luns, 18, unha charla sobre as posibilidades e vantaxes da posta en marcha das Sofor. Será no recinto feiral de Curtis, ás 16.30 horas.

 Máis información sobre as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor):

pdfQue_e_unha_Sofor.pdf

pdfVantaxes_e_Axudas_para_as_Sofor.pdf

Máis información, manuais, consultas máis frecuentes, plan de xestión, asesoramento, etc:

 

O Concello de Curtis redacta un novo prego técnico para a licitación do punto limpo e a planta de transferencia

puntolimpio 2016

O Concello de Curtis procedeu ao desistimiento do procedemento de licitación, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e tramitación ordinaria, do contrato administrativo para o punto limpo e a planta de transferencia tras estudar un recurso presentado por unha empresa.

O Concello comunicou o desistimiento aos licitadores, ás empresas que formularon as súas consultas sobre o contido dos pregos e procedeu a publicalo na área de contratacións da web do Concello (perfil do contratante) e no BOP da Coruña.

O equipo técnico xa está redactando un novo prego de cláusulas administrativas e prescicións técnicas para sacar novamente a licitación este servizo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.