Xulgado de Paz
É un órgano da Administración de Xustiza para municipios onde non existe un Xulgado de 1ª Instancia e Instrución. O xuíz, proposto polo Pleno do Concello tras un proceso de selección, é nomeado por un período de catro anos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Xuíz de Paz de Curtis
José García Sánchez
As súas funcións son as seguintes:
Rexistro CivilTrámites máis comúns:
- Inscrición por nacemento de fillo.
- Inscrición de unións civís ou relixiosas, celebradas no municipio.
- Expedientes de unións civís.
- Inscrición por defunción no municipio.
- Expedición da fe de vida e estado civil.
Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1, 3ª planta
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Telf. 981 789 003 Ext. 39
Horario de oficina: de luns a venres, de 08:00 a 15.00 horas
Horario de atención ao público: de luns a venres, de 09:00 a 14.00 horas