Información catastral
O Catastro Inmobiliario é un rexistro administrativo dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais. A inscrición no mesmo é obrigatoria e gratuíta.
A descrición catastral dos bens inmobles inclúe as súas características físicas, xurídicas e económicas, entre as que se atopan a súa localización, referencia catastral, superficie, uso, cultivo, representación gráfica, valor catastral e titular catastral.
Os valores catastrais de Curtis actualizáronse a 1 de xaneiro de 2015
Direccións de interese:
Horario: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas