Subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.
Actuacións subvencionables
1. Liña de dixitalización comercial:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
1.1. Considéranse actuacións subvencionables de dixitalización comercial:
a) Pulo á transformación dixital: implantación e actualización de páxinas web con venda en liña e implantación e actualización de webs comerciais.
b) Optimización e axilización dos procesos comerciais: implantación de ferramentas de xestión e de sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e de software adecuados ás necesidades da empresa, así como as tabletas asociadas con esta actuación.
c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, na internet ou utilizando novas tecnoloxías:
A Introdución de ferramentas de marketing 4.0:
– Instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo.
– Ferramentas para ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor: produtos 3D, ferramentas de realidade aumentada ou escaparates e probadores virtuais.
– Chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.
A mellora da imaxe dixital: imaxes e contidos audiovisuais para a promoción do produto, cartelaría dixital
A publicidade dixital.
Os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager), máximo once meses dentro do período subvencionable.
d) Actuacións de comercialización dixital.
A participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, de carácter comercial ou artesanal, nacionais ou estranxeiros.
e) Loxística e-commerce.
Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, realizados por un operador loxístico externo.
f) Loxística e-commerce sustentable no quilómetro cero.
Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, realizados no quilómetro cero, con transporte sustentable (eléctrico/bicicleta).
Máis información: Aquí