Numeracion Curtis logos

Programa fomento do cooperativismo en sectores estratéxicos

"Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos" é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop, cuxa liña de traballo é impulsar, acompañar e apoiar a creación de novas empresas cooperativas en sectores e actividades económicas estratéxicas en Galicia e para novas necesidades comunitarias.

EspazoCoop elaborou o pasado ano unha colección de Plans Estratéxicos nos ámbitos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continúa, a través deste programa, coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos.

Neste contexto, a Unión celebrará o día 3 de outubro de 2023 un dos Encontros previstos que se enfocará no Sector Novo Rural e será en formato virtual.

Encontros Sectoriais Estratéxicos
Novo Rural
Martes 3 de Outubro de 2023 | De 10 a 12 h. | Online

Máis información: Aquí

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.