Numeracion Curtis logos

Obradoiro "Introdución ó Método Biointensivo de Cultivo"

Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo. Os seus principios de actuación non só producen alimentos nutritivos e orgánicos, senon que tamén reconstrúen e melloran a fertilidade do solo.

Será impartido polos formadores Juan M. Martínez Valdez, Director de Ecopol, asesor de Ecology Action e responsable da difusión do método en Latinoamércica e Europa, e por Guillermo Rodríguez Barreiro, Enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Intermedio do método.

Día 10 de abril de 16 a 20h, e día 11 de abril de 10 a 14h. (8 horas de duración total)

Lugar: Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar

A quén vai dirixido: Persoas que teñen unha horta ou que teñen interese en aprender a cultivar alimentos de forma respectuosa co medio. Persoas interesadas en coñecer este método de produción agroecolóxica. Persoal docente e persoal dos concellos interesados en integrar a agroecoloxía e a alimentación local e ecolóxica nos centros e espazos públicos.

Prezo: 10 euros.

Prazas: Limitadas

Organiza: Amigos da Terra, Ecopol AC e Asociación Raiña

Hai posibilidade de aloxamento no centro para aquelas persoas que o desexen.

Para máis información ou reservas, podes contactar neste email ou no teléfono 693747500

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.