Numeracion Curtis logos

CURSO "O COMERCIO INTERNACIONAL: TRANSPORTE MARÍTIMO E OPERATIVA PORTUARIA”, ICEX-CECO

O Igape, en colaboración co ICEX, organiza o curso en liña “O Comercio Internacional: Transporte Marítimo e Operativa Portuaria, 8ª Edición”. Ten entre outros obxectivos os de:
- Facilitar coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
- Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
- Familiarizar co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
- Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.


As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, especialmente para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade como funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

A exportación soe estudarse desde unha perspectiva porta a porta. Este curso faino tomando como punto de partida o porto. Nos contratos de exportación de mercadorías o porto é o punto onde conflúen máis custos e máis riscos para as partes implicadas na venda internacional, cos conseguintes efectos xurídicos e económicos para elas.
Destinatarios da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.
Datas de celebración: do 2 de marzo a 17 de maio de 2020, cunha duración de 120 h.
Prazas limitadas. O prazo de inscrición está aberto ata completar as prazas dispoñibles.

Información e Inscrición: Aquí

Programa: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.