Numeracion Curtis logos

Lista definitiva de admitidos e excluídos ás probas para a provisión dunha praza para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (persoal laboral), día, hora e lugar de realización do primeiro exame

servizoscurtis 2016

LISTA DEFINTIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS ÁS PROBAS PARA A PROVISIÓN DE UNHA PRAZA PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL, GES, (PERSOAL LABORAL), DÍA, HORA E LUGAR DE REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXAME.

Por resolución da alcaldía 134/2016 de 28/04/2016 adoptáronse, entre outros, os seguintes acordos:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a provisión dunha praza para o GES de Curtis, que a continuación se relaciona:

EXCLUÍDOS:

NIF

45848216Q

34269562E

ADMITIDOS:

NIF

47359538P

47376385L

46896452G

47381549P

47370969P

47361397G

32768679G

45671642J

47385602J

SEGUNDO.- Establecer o día, hora e lugar de celebración do primeiro exame:

  • Día: 06/05/2016
  • Hora: 11:00 horas
  • Lugar: Edificio Multiusos (Recinto Feiral) . Av. Emilio Martínez Sánchez, s/n Curtis

Teixeiro, 29 de abril de 2016

 

O Concello quere impulsar o Centro Etnográfico coa súa inclusión na Rede Nacional de Albergues

visitacentroetnografico 2016

  • O responsable da área de Cultura, Turismo e Patrimonio da Deputación visitou as instalacións e mostrouse receptivo a encamiñar a solicitude do Goberno local.

O Concello de Curtis solicitou que o albergue do Centro Etnográfico de Teixeiro sexa incluído na Rede Nacional de Albergues, o que permitirá darlle unha maior promoción. O Goberno local presentou esta iniciativa á Deputación da Coruña, organismo provincial co que este ano volveu a renovar o convenio para a xestión municipal deste espazo dedicado á formación e interpretación dos valores do Río Mandeo.

A proposta foi presentada esta semana durante a visita ao Centro Etnográfico e as súas instalacións do deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira, así como do persoal técnico desta área. Acompañados polo alcalde Javier Caínzos, percorreron a zona de exposicións, o salón de actos, as aulas de formación e o albergue, con capacidade para 22 persoas, ademais da senda peonil do río Carregal. O edificio intégrase na ruta do paseo fluvial deste afluente do Mandeo.

O responsable da Deputación manifestou a súa total receptividade a esta petición.

A iniciativa do Concello de Curtis enmárcase nas accións de impulso do Centro Etnográfico para que se converta nun punto crave na atracción de turismo, non só para o municipio, senón tamén para a comarca. As visitas a este espazo creceron un 32% o ano pasado.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.