Máis de 460 persoas participaron no xantar baile pola loita contra o cancro
Máis de 460 persoas acudiron á chamada da Xunta Local de Teixeiro-Curtis da Asociación Española da Loita Contra o Cancro, que onte celebrou o xantar baile para recaudar fondos, na que o Concello colaborou.
Discurso da Xunta Local:
"Bos días a todos os aquí presentes: homes e mulleres; mozos e mozas; nenos e nenas! Ante todo, dicirvos que estamos abraiadas pola vosa resposta á nosa convocatoria. 460 persoas non se xuntan tan a miúdo e que o fagamos por unha boa causa sempre é un motivo de satisfacción e de orgullo. Para nós e para vós.
Estas sete mulleres que xa coñecedes: MARI CARMEN, MARÍA JOSÉ, MARÍA, BEA, ELVIRITA, CRISTINA e máis EU (CARMIÑA), levamos desde hai dous anos traballando nesta Xunta Local de TEIXEIRO-CURTIS da Aecc para continuar cun labor que xa se viña facendo neste Concello desde hai máis de 40 anos. Os nosos cometidos dentro da Asociación son fundamentalmente tres: informar, axudar e recaudar….Como informamos? pois organizando charlas divulgativas con especialistas no tema; informamos facendo campañas de prevención dos distintos tipos de cáncer; informamos dos servizos que presta a Aecc ás persoas que padecen cáncer; informamos por ex. de que hai un teléfono que atende as 24 horas do día (Infocáncer 900 100 036); e falando de informar, dicirvos que houbo un cambio de domicilio na Sede Provincial pois agora están na calle Real.. Como axudamos? Pois no que poidamos e a quen nolo pida. Máis ben podemos poñervos en contacto con quen vos pode axudar se estades pasando por momentos difíciles. “Se loitas contra o cancro, tesnos aquí”, ese é un dos lemas da Asociación e que tedes escrito en letras vermellas na Entrada que mercastes para vir a esta comida. E recaudamos, claro… Recaudar soa a diñeiro pero entendede que é necesario e imprescindible para que se avance na investigación desta terrible enfermidade que se leva por diante tantas vidas. Hoxe é un día de recaudación pero queremos que sexa tamén un día de festa e de alegría… Xa que viñemos, temos que pasalo ben.
Gustaríanos darvos as grazas a todos e cada un dos que colaborastes nesta comida: ou ben asistindo, ou ben aportando regalos ou donativos…Pero como sodes moitos, disculpade que non o fagamos un por un xa que botariamos lendo toda a tarde. De todos modos, se queredes vervos, tedes na pantalla da televisión e tablón de anuncios da entrada do pavillón, os nomes dos que deron donativos e/ou regalos. Tamén podedes mirar o importe de toda a recaudación ao longo deste último ano. Por darvos un dato, dicirvos que o ano pasado na cea de Curtis recaudamos en total 7200 e pico de euros.
Nesta reseña que imos dar de agradecementos en xeral, agardamos que vos sintades todos identificados porque queremos incluirvos a todos e non deixar fora a ninguén.
1- GRAZAS a todos os veciños das parroquias do Concello de Curtis, GRAZAS a todos os nosos familiares e GRAZAS a todos os amigos que tan ben respondestes á nosa chamada. Aquí van incluídos aqueles que pagaron o importe da entrada e non puideron vir. Veciños, familiares e amigos…aquí xa estades case todos…a que si?
2- GRAZAS ao Concello, que nos promociona os eventos e nos facilita os locais e ademais sufraga os gastos da carreira- andaina que facemos en xullo.
3- GRAZAS á Federación de Atletismo que doou o importe das suscricións da andaina de xullo.
4- GRAZAS aos establecementos, bares, empresas, negocios, comercios de Teixeiro e de Curtis… GRAZAS aos internos da prisión de Teixeiro…Todos eles colaboraron con regalos ou donativos…e, como podedes observar pola cantidade, a resposta foi espectacular.
5- GRAZAS aos da Xunta Local de Aranga que tamén nos acompañan neste día.
6- GRAZAS aos nosos colaboradores que nos botan unha man voluntariamente e sen pedir nada a cambio.
7- GRAZAS á Comisión das Festas Patronais de Teixeiro deste ano que nos doou unha parte do recaudado nunha das ceas que fixeron.
8- GRAZAS ao Salón de Belleza MARLOI que colaborou cunha manicura solidaria os días da Festa do Cogumelo.
9- GRAZAS á Imprenta ROBERTO que nos fixo os boletos para a TÓMBOLA.
10- GRAZAS ao restaurante SABINO que tan ben se portou con nós poñendo empeño en que esta comida saíse ben.
11- GRAZAS á Sociedade Deportiva e Cultural de Teixeiro que nos agasallou coa actuación dun grupo de música.
12- GRAZAS á Floristería ANA que se encargou da decoración do pavillón.
13- GRAZAS aos que nos fan donativos anónimos e que non figuran en ningún lugar pero nunca fallan e están sempre aí.
Despois da comida, faremos o sorteo dos agasallos e por último o baile. Non tiredes a ENTRADA que leva un número e con ela imos sortear algúns regalos. Este ano cambiamos o sistema do sorteo para evitar estar tanto tempo cantando números… Así poderemos adicarlle máis tempo ao baile. Cambiamos as rifas por boletos de tómbola…Cando os abrades comprobaredes que algúns dos boletos van premiados cun número que se corresponde cun regalo dos que están expostos..
Cando empezamos este proxecto hai dous anos eramos oito mulleres e unha delas xa non está con nós. Levouna esa enfermidade da que estamos a falar hoxe… Desde onde esteas, CELITA, que saibas que sempre te recordaremos….
Só nos queda desexarvos que disfrutedes da comida e que pasedes unha tarde estupenda. Que vos gusten os callos e as troitas, que vos toquen moitos regalos na tómbola e que bailedes canto queirades…GRAZAS, GRAZAS POR TODO, veciños, familiares e amigos."