UV BANNER Curtis 2023 web

AXENDA DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

A Axenda de Busca Activa de Emprego, pretende ser unha ferramenta básica para que a organización do seu traballo diario sexa máis efectiva coa posibilidade dunha procura de emprego máis doada.

Organizar a nosa axenda é fundamental para recordar os contactos que facemos a diario, recoller a información recopilada por empresa, anotar as respostas das empresas contactadas e organizar un plan semanal de busca de emprego. Ademais de poder obter un certificado da súa busca activa de emprego.

Se quere comezar a traballar no seu futuro, rexístrese na páxina: Pacto Local polo Emprego-Santiago de Compostela

BECAS FEUGA

Dirixidas a: titulados en FP, titulados universitarios, estudiantes universitarios.

Requisitos: Ser menor de 30 anos, non superar os 3 anos dende a finalización dos estudos, non ter experiencia profesional relacionada coa titulación unha vez finalizados os estudos. Os universitarios non poderán acumular máis de 24 meses de prácticas entre a beca feuga e outras becas.

Duración: O tempo máximo de disfrute dunha beca feuga son 12 meses.

¿CÓMO PODO SOLICITAR A MIÑA VIDA LABORAL?

A solicitude da vida laboral pode facerse ou ben por internet, por teléfono ou por vía sms.

SOLICITUDE POR INTERNET

Paso 1 - Fai clic neste enlace

Paso 2 – Introducir os datos persoais que solicitan (DNI, Nº Seguridade Social, etc)

Paso 3 – Enviar e recibirá a vida laboral no seu domicilio nun prazo medio de 5 días.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.