Numeracion Curtis logos

Curso gratuíto de defensa persoal o día 13 de xaneiro en Teixeiro

curso defensaA área de Deportes municipal organiza un curso gratuíto de defensa persoal (kragmaga), sen límite de idade e cunha duración de 4 horas aproximadamente.

  • Día: Sábado 13 de xaneiro.
  • Lugar: Pavillón polideportivo de Teixeiro.

O kragmaga é un dos sistemas de defensa persoal máis efectivos e pensado para que todas as persoas se capaciten para repeler agresións inspiradas na vida real.

As inscricións poderán facerse no teléfono: 629316375 (Guti).

Aberto o prazo de inscrición para a campaña de esquí da Deputación

esqui 2018CAMPAÑA ESQUÍ DEPUTACIÓN 2018

  • Prazas concedidas a Curtis: 3
  • Lugar: Estación invernal Cabeza de Manzaneda
  • Prezo: 85 euros
  • Idades: nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007
  • Datas: 3ª QUENDA, dende o 23/02/2018 ó 26/02/2018

Prazo de inscripción: ata o 16-1-18.

Os/as interesados/as deberán entregar nas dependencias municipais o tríptico que se adxunta cuberto (sen enviar a documentación indicada no mesmo).

Se hai máis participantes que prazas, realizarase un sorteo público das tres prazas.

  • Tríptico coa documentación e área de datos para cubrir pdf

Datas para pasar a ITV de ciclomotores e vehículos agrícolas en xaneiro

itv 2018 motosDatas nas que se achegará en xaneiro a oficina móbil da ITV ao noso municipio para a revisión de ciclomotores e vehículos agrícolas:

CICLOMOTORES

  • Día: 8 de xaneiro.
  • Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira
  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

AGRÍCOLAS

  • Días e horarios:

- 19 de xaneiro (de 9.00 h a 13.30 horas)

- 22 de xaneiro (de 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas).

  • Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

 

O Concello enche de cultura o Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro

nadal cultural 17 copyObras de teatro, contacontos, monicreques, maxia e cinema configuran o programa Nadal Cultural 2017-2018 que porá en marcha a concellaría de Cultura, Educación e Deportes a partir do venres 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro.

Como en anos anteriores, as actividades, pensadas para toda a familia e en especial para os máis pequenos, desenvolveranse en Curtis e Teixeiro, do mesmo xeito que as Cabalgatas de Reis, que chegarán aos dous pobos o día 5 e que porán fin, xunto coa festa infantís posteriores, a toda actividade do Nadal.

Ademais, a programación completarase cos Campamentos Urbanos, co fin de axudar á conciliación das familias nesas datas.

NADAL CULTURAL 2017-2018

22 DE DECEMBRO, VENRES

  • Patinaxe sobre xeo (avisarase do lugar e hora).

 24 DE DECEMBRO, DOMINGO

  • 12.00-15.00 horas: Visita de Papa Noël. Percorrido polas rúas de Curtis e Teixeiro.

26 DE DECEMBRO, MARTES

Curtis

  • 17.00 horas: 'De bruídos e miañares' de Xarope Tulú. Espectáculo dirixido a un público familiar onde os animais son os protagonistas e que combina a narración oral e a música en directo. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

nadal 227 DE DECEMBRO, MÉRCORES

Curtis

  • 17.00 horas: Contacontos con 'A sala de catapum chimpun' de O Titiribaile. Que pasa cos contos unha vez que son escritos? Os visitantes axudarán nesta tarefa durante o espectáculo. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

  • 17.00 horas: Maxia con 'A toda maxia' da Compañía Amima. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

28 DE DECEMBRO, XOVES

Curtis

  • 17.00 horas: Maxia con 'Kenneth Ilusionist', de Joshua Kenneth. No Edificio Multiusos

Teixeiro

  • 17.00 horas: Teatro infantil con 'Comenoites' de Os Naúfragos. Baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración), que conta unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

nadal 129 DE DECEMBRO, VENRES

Curtis

  • 17.00 Horas. Monicreques, con  'Xan Perillán compra queixo, compra pan', de Os Monicreques de Kukas. O espectáculo mestura o clown e a pantomima coa maxia e as marionetas compaxinando o lecer e a educación no consumo responsable. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

2 DE XANEIRO, MARTES

Curtis

  • 16.30-19.30 horas. Xogos inchables. No Pavillón Polideportivo.

Teixeiro

  • 17.00 horas. Cine nadal. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

3 DE XANEIRO, MÉRCORES

 Curtis

  • 17.00 horas. Cine nadal. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

  • 16.30-19.30 horas. Xogos inchables. No Pavillón Polideportivo.

4 DE XANEIRO, MÉRCORES

  •  Curtis

    • 17.00 horas. Obradoiro de Nadal. No Edificio Multiusos.

    Teixeiro

    • 17.00 horas. Obradoiro de Nadal. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

5 DE XANEIRO, VENRES. CABALGATA DE REIS

Curtis

  • 16.45 horas. Percorrido polo pobo da Comitiva Real (saída desde a Estación de Tren).
  • 17.15 horas: Recepción dos Reis Magos no Edificio Multiusos.
  • 18.00 horas. Chocolotada.

Teixeiro

  • 16.45 horas. Percorrido polo pobo da Comitiva Real (saída desde a Casa do Concello).
  • 17.15 horas: Recepción dos Reis Magos no Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
  • 18.00 horas. Chocolotada.

- Díptico coa programación pdf

 

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL

Horario de mañá desde o 26 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018.

 

 

O prazo de inscrición nos Campamentos de Nadal en Curtis e Teixeiro estará aberto do 11 ao 22 de decembro

  • As actividades, que se desenvolverán do 26 de decembro ao 5 de xaneiro para facilitar a conciliación familiar, organizaranse en Curtis e Teixeiro.

campamentos nadal 2017O Concello de Curtis abrirá do día 11 ao 22 deste mes o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos de Nadal en Curtis e Teixeiro, que se organizarán do 26 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018 co fin de apoiar á conciliación familiar.

Os horarios serán de 9.30 horas a 14.30 horas en Teixeiro, onde se desenvolverá no CEIP; e de 9.00 horas a 14.00 horas en Curtis, no Centro de Lecer Infantil.

O formato será similar aos campamentos de verán e o programa inclúe, entre outras actividades xogos, manualidades, deportes e mímica.

 O número de prazas será de medio centenar de nenos e nenas en Curtis e medio centenar en Teixeiro. A idade mínima para participar será a dos nados en 2013.

  • Para inscribirse haberá que entregar cuberta esta ficha por neno: pdf

O prezo estableceuse en 25 euros o primeiro fillo, e de 15 euros a partir do segundo. O ingreso deberá facerse en:

  • Entidade bancaria: Abanca
  • Nº cuenta:ES47-2080-0081-18-3110000048
  • Concepto: Campamentos urbanos

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.