Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis aposta polo comercio local e a gastronomía ao ampliar a 3 días a celebración do Entroido

  • O programa de actividades, do 11 ao 13 de febreiro, inclúe a 'Ruta DesTAPAte de Sabores de Entroido' en bares e restaurantes de Curtis e Teixeiro.
  • Mantén os 1.800 euros en premios no popular Concurso de Disfraces como vales de compra para establecementos do municipio.

Cartel EntroidoO Concello de Curtis amplía este ano a tres días as actividades programadas para a celebración do Entroido 2018 para potenciar a parte gastronómica desta festa de maneira que, á xa popular festa e concurso de disfraces que se organizará o día grande, 13 de febreiro, festivo local, sumarase unha ruta de tapas o domingo, 11, e talleres de cociña infantil, o luns, día 12.

Este ano o que si se manterá será a aposta do Goberno municipal polo comercio local xa que os premios económicos do concurso de disfraces, tanto para os máis pequenos como para os adultos, de 1.800 euros (900 euros en Curtis e 900 en Teixeiro), serán vales de compra para establecementos do municipio.

O programa incorpora a ruta 'DesTAPAte! Sabores do Entroido do Concello de Curtis' na que máis dunha vintena de bares e restaurantes ofrecerán o domingo, 11 de febreiro, tapas, bocados e menús típicos de Entroido.

  • Consultade aquí as rutas e a súa oferta gastronómica: 
    • Ruta Curtis: pdf
    • Ruta Teixeiro:  pdf

O luns, día 12. a gastronomía manterá o protagonismo, pero neste caso para os máis pequenos, coa organización de obradoiros de cociña infantil, que se organizarán no Recinto Feiral de Curtis e en edificio Usos Múltiples de Teixeiro.

 

Aberta a inscrición para unha viaxe a estación de esquí de Pajares

esqui pajaresO departamento de Deportes do Concello de Curtis organiza unha viaxe á estación de esquí de Pajares.

  • Datas: dous días, 8 e 9 de marzo.
  • Prazas: mínimo 26, máximo 40.
  • Idades: nenos/as de Primaria e ESO a partir de 3º Primaria inclusive / 1º e 2º de Primaria, acompañados dun adulto.
  • Prezo: menores, 150 euros / adultos, 175 euros.
  • Prazo de inscripción: do 1 ao 16 de febreiro.
  • Prazo de pago: do 19 ao 21 nas dependencias municipais.

Información e inscrición: na Casa do Concello e nas dependencias municipais de Curtis.

Inclúe:

  • Traslado en autocar.
  • Aloxamento en albergue Villamanin en Media Pensión.
  • Comida en pistas.
  • 2 días de remontes con seguro en pistas
  • Alquiler de skis ou snowboard
  • 3 horas de clase diarias.

 

 

O Entroido de Curtis e Teixeiro suma á festa e ao concurso de disfraces unha ruta de tapas e obradoiros infantís de cociña

entroidoO Concello de Curtis amplía este ano as actividades programadas para a celebración do Entroido para potenciar a parte gastronómica desta celebración de maneira que, á xa tradicional festa e concurso de disfraces que se organizará o día grande, 13 de febreiro, festivo local, se sumará unha xornada de tapas o domingo, 11, e obradoiros de cociña infantil o luns, día 12.

Este é o programa:

11 de febreiro, domingo
DESTAPATE! Ruta dos Sabores do Entroido en Curtis e Teixeiro

Os bares e restaurantes de ambas as localidades ofrecerán tapas e bocados elaborados con produtos típicos de entroido.

Coñece a ruta e a súa oferta gastronómica: 

  • Ruta Curtis: pdf
  • Ruta Teixeiro:  pdf

12 de febreiro, luns
Obradoiros de Cociña Infantil
- Horario: 11.00 horas a 13.00 horas.
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis (25 prazas).
  • Edificio Usos Múltiples de Teixeiro (25 prazas).

*Prazas cubertas orde de inscrición.

  • Inscricións: Casa do Concello, 981 789 003 /  Oficina Municipal, 981 777 105

13 de febreiro, martes
Festa e concurso de disfraces
- Horario: a partir das 17.00 horas.
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis
  • Pavillón de Teixeiro

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
'ENTROIDO 2018 DO CONCELLO DE CURTIS'

1.- O concurso celebrarase o vindeiro 13 de febreiro de 2018 nas festas de entroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.

2.- Os participantes deben inscribirse ata o día 13 de febreiro de 2018 nas dependencias municipais para poder participar no concurso.

  • Inscricións: Casa do Concello, 981 789 003 /  Oficina Municipal, 981 777 105

3.- Para inscribirse será necesario aportar nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.

4.-O xurado estará composto por varios membros alleos ao Concello.

5.-Establécense as seguintes categorías (tanto en Curtis como en Teixeiro):

CONCURSO INFANTIL (ATA 16 ANOS):

  • 1º premio individual ou grupo: vale de compra de 150€
  • 2º premio individual ou grupo: vale de compra de 100€
  • 3º premio individual ou grupo: vale de compra de 50€

CONCURSO MAIORES:

  • 1º premio individual ou grupo: vale de compra de 300€
  • 2º premio individual ou grupo: vale de compra de 200€
  • 3º premio individual ou grupo: vale de compra de 100€

6.- A clasificación para optar aos premio será por idade, quedando establecido o concurso en dúas categorías a infantil para cando se presenten de xeito individual ou colectivo menores de 16 anos e de adultos no resto dos casos. Se hai un integrante do grupo que teña 16 anos ou máis, o grupo participante pasará a formar parte da categoría de adultos aínda que a maioría do grupo sexa infantil.

7.- En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.

8.- Os premios deberán gastarse nos establecementos do Concello (comercio e hostalería).

9.- Os gañadores deberán porse en contacto co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento colabora neste programa.

10.-Os persoas que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.

11.- O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.

12.- A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

 

Datas para pasar a ITV de vehículos agrícolas en febreiro

ITV febreiro 18Datas nas que se achegará en febreiro a oficina móbil da ITV ao noso municipio para a revisión de vehículos agrícolas:

Lugar: Xunto ao Pavillón Polideportivo de Teixeiro

Día 5 de febreiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas

Día 6 de febreiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

Os Reis Magos sairán ás 16.45 horas da Casa do Concello en Teixeiro e desde a Estación de Tren en Curtis

  • As cabalgatas finalizarán coa recepción ás súas Maxestades e cunha gran festa infantil, con obradoiros, música e unha gran chocolatada final con roscón.
  • No caso de que a choiva impida a saída das carrozas, os Reis irán directamente ao Edificio de Usos Múltiples e ao Recinto Feiral.

reis magos 2017O Concello de Curtis xa ten todo preparado para o percorrido de mañá, día 5, dos Reis Meigos e a súa comitiva nas localidades de Curtis e Teixeiro, á espera de que se poidan desenvolver con normalidade se a choiva non fai a súa aparición.

Ambas as cabalgatas sairán de maneira simultánea ás 16.45 horas e finalizarán coa recepción dos Magos de Oriente e a celebración dunha festa infantil. Os nenos, como en anos anteriores, poderán subir nas carrozas da comitiva.

Teixeiro

As súas Maxestades sairán desde a Casa do Concello e percorrerán as rúas Ramón Espiñeira e Emigrantes e pasarán polas Avenidas Martínez Pardo, Doutor Luís Novo e Buenos Aires ata chegar ao Edificio de Usos Múltiples, onde se organizará a recepción, a festa infantil e unha gran chocolatada con roscón de reis.

Curtis

A saída dos Reis será desde a Estación do Tren na Praza Compostela e proseguirá pola Avenida Principal e a rúa Alcalde Espiñeira ata chegar ao Recinto Feiral onde no salón de actos celebrarase a recepción e a festa infantil e servirase unha chocolatada. Antes está previsto, ademais, que visiten aos usuarios e empregados do Centro de Día.

No caso de que a choiva impida saír ás carrozas, As súas Maxestades irán directamente ás recepcións previstas en Curtis e Teixeiro, onde estarán con todos os nenos e nenas e uniranse á festa. En ambas as localidades están previstos xogos, talleres e música, ademais da merenda final.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.