Numeracion Curtis logos

CRISE DO SECTOR LÁCTEO – PLENO EXTRAORDINARIO

Unanimidade da Corporación Local de Curtis na defensa "conxunta e contundente" do sector lácteo

criapoislac2015 2criapoislac2015 1A unidade da Corporación local de Curtis na defensa incondicional do sector lácteo e gandeiro centrou o Pleno extraordinario e urxente convocado polo Concello para abordar a última crise causada pola paralización da recollida do leite a varias explotacións do municipio. O Pleno, convocado tras a moción presentada polo BNG para tratar este problema e para explicarlle aos veciños os pasos dados polo Goberno de Javier Caínzos con gandeiros, outros alcaldes e a Xunta de Galicia en apoio do sector, é o segundo celebrado para reclamar melloras e solucións en apenas tres meses. En abril, a Corporación xa aprobou unha moción, nesta ocasión presentada polo PP, co mesmo fin.

O Pleno, que de forma excepcional celebrouse no salón de actos do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro para poder ter un maior aforamento de público, foi seguido con atención por 80 gandeiros e veciños do municipio.

Polo PP, o portavoz Antonio Fraga abriu o pleno pedindo a unidade de toda a Corporación para acadar "unha proposta conxunta, clara e contundente á marxe das posturas de cada partido porque o que está en xogo é a subsistencia do primeiro sector económico do municipio e a economía familiar de numerosas familias". "O Goberno local estará sempre á beira dos veciños, e máis neste caso, que están a sufrir a chantaxe inxusta de Leite Río, cuxo presidente non dixo a verdade sobre as causas da paralización da recollida como así llo fixemos saber ao presidente da Xunta e á conselleira de Medio Rural, a quen lle mandamos toda a documentación que demostra que a empresa incumpre os contratos cos gandeiros e que mente ao falar sobre a baixa calidade do leite para justificar o deixar leite sen recoller", aclarou.

Antonio Fraga narrou cada un dos pasos dados polo Goberno local para defender aos gandeiros. Desde o primeiro día en que saltou o tema a semana pasada, "puxémonos en contacto con Medio Rural, conseguindo que ese mesmo día outra empresa recollese o leite evitando que esta tivese que tirarse". Con todo, alertou de que con iso non xa abonda que "é unha solución de urxencia", e pediu ir máis aló para afrontar todos os problemas do sector como son a necesidade duns prezos xustos, a recollida constante e achegarlle forza negociadora aos gandeiros ante as grandes industrias. Iso é o que "pedimos sempre e en cada xestión que desenvolvemos coas reunións con gandeiros e alcaldes para facer unha fronte común en defensa dos nosos gandeiros".

O portavoz do BNG, Xosé Manuel Tomei, cualificou de lamentable a situación do sector, e sostivo que, tal e como recollían os nacionalistas na súa moción, "ante esta situación xa non valen os parches porque os gandeiros estanse a desangrar aos poucos nunha caída de prezos que é imposible soster, e non pode entenderse a pasividade dá Xunta de Galicia, que está a provocar unha sensación de absoluta indefensión e orfandade nas explotacións". Por iso, na súa moción, instou a que se reclame ao presidente da Xunta e Consellería de Medio Rural que arbitren coa máxima urxencia as medidas necesarias en defensa do sector e a que se convoque a Mesa do Leite coa máxima participación e con parte activa da Xunta como garante de todos os acordos. Por último, pediu que o Concello se sumase á reunión de alcaldes que se celebrará o día 6 en Boimorto e a plataforma en defensa do sector lácteo Galego.

Todos os puntos foron aprobados por unanimidade. O alcalde Javier Caínzos pechou o pleno asegurando que o Goberno local estará sempre en todos os foros necesarios en defensa dos gandeiros do municipio.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.