Numeracion Curtis logos

Máis de 150 veciños participaron no Día da Bicicleta

fotobici20150801Máis de 150 persoas de todas as idades participaron no Día da ‪‎Bicicleta‬ organizado polo Concello curtiense este sábado, 1 de agosto.

Os animados ciclistas saíron do Pavillón Polideportivo de Curtis e da Praza de España en Teixeiro, e ambas rutas percorridas finalizaron en San Roque de Xabriño, onde se procedeu a galardoar ao ciclista máis novo, de seis anos de idade; ao máis veterano, con 84 anos; á bicicleta máis orixinal e ao grupo de participantes máis numeroso. Tamén se sortearon varios premios, unha bicicleta de montaña e complementos deportivos.

Entre os afeccionados ciclistas se encontraban membros da Corporación, entre eles o alcalde Javier Caínzos. A concelleira de Deportes, Eva Lata, fixo entregada dos galardóns.

As fotos da xornada deportiva pódense consultar no Facebook do Concello de Curtis: https://www.facebook.com/ConcelloCurtis

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.