Numeracion Curtis logos

Primeira aproximación laboral dunha decena de mozos de Curtis a través do programa 'Deseñando ou teu futuro'

  • O fin, segundo a edil de Xuventude, Esther Lago, é que poidan tomar decisións sobre a súa traxectoria formativa profesional con máis coñecementos do sector

Unha decena de xóvenes do municipio de Curtis, de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos, terán durante este mes de agosto a súa primeira aproximación ao mundo laboral en empresas de diversos sectores da súa contorna tales como a automoción, a reciclaxe e a industria da madeira e a carpintaría, entre outros.

A concelleira de Xuventude e Voluntariado, Esther Lago, sostivo que o obxectivo desta iniciativa é que os mozos "adquiran habilidades que non só lles favorecerán no seu desenvolvemento persoal, senón que lles permitirán tomar decisións sobre a súa traxectoria formativa profesional cun maior coñecemento de como se move o sector laboral do seu interese".

As estadías nas empresas elixidas terán unha duración de 15 xornadas hábiles, 5 horas diarias. Cada participante recibirá 6 euros por día na empresa para cubrir os gastos de manutención e desprazamento.

O proxecto 'Deseñando ou teu futuro' é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.