Numeracion Curtis logos

MANIFESTO EN FAVOR DA PERVIVENCIA E DA DIGNIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LÁCTEAS GALEGAS

Curtis, Teixeiro 27/08/2015

"Desde Curtis, terra de avós, pais, fillos e netos de agricultores e de gandeiros, facemos unha chamada á acción, porque sen acción non hai ESPERANZA".

manifa120150828manifa220150828María Fandiño, xoven filla de gandeiros dunha explotación láctea de Fisteus, foi a encargada de ler o manifesto que rematou a tractorada de onte en defensa do sector lácteo que partiu de Curtis e finalizou en Teixeiro. María chegou á Praza de España conducindo un tractor da súa familia, un tractor que, xunto a varios centenares chegados de toda a comarca, colapsaron a N-634 como acto de protesta.

Os gandeiros recibiron todo o apoio institucional do Concello curtiense, coa Corporación municipal en pleno encabeza polo alcalde Javier Caínzos presente na protesta, e pechou as súas portas agás o rexistro xeral en solidariedade co sector. Ademais, o rexedor mandou colocar un gran pancarta no balcón municipal reinvindicando solucións e prezos xustos para o leite. Veciños, comerciantes, moitos dos cales pecharon os seus negocios, políticos, sindicalistas e alcaldes de moitos dos concellos convocados estiveron presentes.

MANIFESTO

"Este manifesto quere ser unha chamada de atención sobre a dramática situación que atravesa o agro galego. Agro que, a pesar das súas fortalezas, do seu liderado na producción do sector lácteo e gandeiro e da preparación do seu capital humano, permanece cativo e afogado. Cativerio que, hai que dicilo con claridade, nace da carencia dunha extratexia conxunta de PAÍS e da falta dun planeamento realista, colaborativo e ambicioso que poda asumir todo o sector con responsabilidade e profesionalidade, non só pensando no seu futuro, senón tamén nun presente agora moi preocupante.

Por iso, este manifesto pretende ser unha alerta que sume forzas, colectivos e administracións, e, porque non, tamén sentimentos. E iso esixe XENEROSIDADE para aparcar diferencias políticas e ideolóxicas xa que a supervivencia da nosa forma de vida, do noso traballo e da nosa dignidade depende de que todos levantemos a bandeira da UNIDADE na busca dun camiño común.

Desde Curtis, terra de avós, pais, fillos e netos de agricultores e de gandeiros, facemos unha chamada á acción, porque sen acción non hai ESPERANZA e ben sabemos que o presente e o futuro de Galicia depende de que o noso medio rural goce da suficiente saúde económica, social e medioambiental. E a pervivencia do seu sector primario, un dos principais motores económicos, e neste caso, as explotacións lácteas, debe ser OBXECTIVO prioritario.

Nestas mobilizacións comarcais, e a de Curtis é a última antes da gran tractorada coa que voltaremos a Santiago en setembro, non só estamos as xentes que vivimos directamente das explotacións gandeiras e lácteas, necesitamos estar TODOS os axentes sociais porque se morre este sector, morre Galicia.

A ninguén se lle pode escapar a gran labor que cada día levan a cabo os traballadores do rural. Só no municipio de Curtis, o seu traballo representa o 50% dos nosos recursos económicos e xera numerosos empregos secundarios en industrias relacionadas coa agroalimentación, a transformación de produtos lácteos, o transporte de animais e a venda de produtos de calidade relacionados coas explotacións gandeiras. E como no noso, en máis do 70% dos concellos galegos.

Pero é moito máis, xa que esta actividade é básica para asentar a poboación e pór en valor e manter á Galicia que coñecemos coa súa gran riqueza natural e paisaxística, así como complementaria con outros sectores, como o turismo. É dicir, o que hoxe fagamos nesta loita será o que permitirá pervivir no tempo a esencia de Galicia como país, é o noso legado para os nosos fillos.

O que estamos a pedir e a defender hoxe aquí é a necesidade de ter SENTIDO DE PAIS.

Por iso, é responsabilidade de todos axudar para que as malas praxis e os graves problemas dos prezos abusivamente baixos da leite, o incumprimento inxustificado de contratos, a utilización da leite como producto reclamo, etc. poidan resolverse máis cedo que tarde.

As administracións deben garantir o cumplimento das leis para que non se produzan situacións de abuso no sector lácteo e incluso levar a cabo nova lexislación para evitar posicións predominantes e inxustas.

Queremos agradecervos de corazón a presenza de todos os que estades hoxe aquí, en Curtis, apoiando ao sector, sendo solidarios, aportando a vosa forza e o voso aliento nesta causa que é a de todos, que é a de GALICIA".

pdfMANIFESTO A FAVOR DA PERVIVENCIA DO SECTOR LACTEO.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.