Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis mostra a súa preocupación polo preconcurso de Abengoa e pide que se salvagarden os postos de traballo

bioetanolteixeiro 2015O Concello de Curtis manifesta a súa máxima preocupación tras o anuncio da empresa Abengoa de entrar nun preconcurso de acredores xa que esta decisión afectaría a Bioetanol Galicia, con sede no Polígono Industrial de Teixeiro, fábrica na que traballan preto de 90 empregados, ademais dos postos de traballo indirectos que xera.

O Goberno local cre imprescindible, e máis neste contexto de crise, que se asegure a viabilidade da empresa co obxectivo de salvagardar todos os postos de traballo existentes. Bioetanol Galicia leva instalada no municipio curtiense desde 2002 e o Goberno local pon sobre a mesa todo o seu apoio institucional para que se manteña a fábrica operativa.

Desde o concello seguirase de preto todo o proceso que se abre agora para alcanzar un acordo coas entidades financeiras acredoras para o seu refinanciamento, e os responsables municipais manteranse en contacto tanto cos responsables de Bioetanol como co comité de empresa para coñecer de primeira man o avance das negociacións.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.