Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis rebaixa as tarifas do 40% das taxas por expedición de documentos e servizos administrativos

  • O custo anual para o Concello por estas actuacións supera os 110.000 euros.

oficinas curtisO Goberno local de Curtis rebaixará o custo para o cidadán do 40% das actuais taxas por expedición de documentos administrativos e prestación de servizos administrativos, e manterá as tarifas do resto. Estas modificacións reflectiranse na nova ordenanza fiscal que se aprobará hoxe no Pleno ordinario.

Para actualizar a normativa xa existe, o Concello realizou un estudo técnico económico sobre o custo estimado destes servizos para as arcas municipais, que concluíu que supera os 110.000 euros anuais. O estudo valorou tanto o gasto de persoal tendo en conta a carga de traballo que supoñen estas accións como o de bens e materiais.

As tarefas administrativas e técnicas da área de Urbanismo son as que supoñen un maior gasto para o Concello xa que supoñen o 70% do custo do técnico municipal, o 50% da administrativa e o 50% da secretaria interventora. Ademais, o estudo recolle que unha auxiliar administrativa do Concello dedica o 20% da súa xornada a emitir certificacións e informes ou outros servizos demandas polos veciños.

A rebaixa no 40% das taxas e o mantemento do resto é asumida polo Goberno local para axudar ás economías familiares e empresariais do municipio a pesar de que o informe técnico conclúe que a previsión de ingresos desta actualización non chegaría nin a cubrir o 50% do custo estimado.

Entre as taxas que se rebaixan están as certificacións por empadroamento, catastrais, por cambios de uso de edificios e instalacións ou por cambios de titularidade, entre outras.

A nova ordenanza fiscal, unha vez aprobada inicialmente no Pleno e publicada no BOP, estará en exposición pública un mes para que quen o desexe presente alegacións.

Outros temas que se levarán a Pleno:

Orde do día do Pleno Ordinario de abril: pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.