Un total de 231 nenos e nenas participaron nos campamentos municipais en xullo e agosto
- Están organizados polo Concello curtiense para axudar á conciliación familiar e para promover hábitos de vida saudable entre os máis novos.
Un total de 231 nenos e nenas participaron nos campamentos urbanos temáticos postos en marcha este verán polo Concello de Curtis para axudar á conciliación da vida familiar e laboral e para incentivar hábitos de vida saudable entre os máis novos a través de actividades lúdico deportivas.
Organizados pola área de Deportes municipal, incluíronse entre as disciplinas deportivas o atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, pádel, badmington e deportes acuáticos, aínda que tamén se realizaron talleres, manualidades, xogos de mesa e de expresión, obradoiros de disfraces e excursións.
Os campamentos realizáronse durante todas as mañás laborais dos meses de xullo e agosto e por quincenas, e este ano organizáronse seguindo as temáticas de superheroes, piratas, o Oeste e o Medievo.