Numeracion Curtis logos

O pavillón polideportivo de Curtis xa está adaptado á normativa de accesibilidade

Esta mañá o Secretario Xeral de Deportes, José Ramón Lete Lasa, e o Xefe Territorial de Deportes, Roberto García, visitaron o pavillón polideportivo de Curtis co alcalde, Javier Caínzos, e outros membros do goberno local.

Convenio cooperación Xunta Concello de Curtis copy

O motivo é que un dos vestiarios acaba de ser reformado para adaptarse á normativa de accesibilidade vixente, nunha intervención á que a Xunta destinou un total de 35.000 euros.

As obras, realizadas coa maior celeridade posible grazas a un convenio entre o goberno autonómico e o Concello de Curtis, non só lograron acabar coas barreiras arquitectónicas: tamén se procedeu a un repintado da estancia e a unha reparación das ventás existentes.

Coa adaptación deste vestiario o pavillón polideportivo de Curtis queda completamente adaptado á normativa vixente en materia de accesibilidade, posto que o outro vestiario xa foi reformado o pasado ano 2018.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.