OS 11 QUILÓMETROS ENTRE CURTIS E TEIXEIRO MÁIS SOLIDARIOS
O 10 de xullo, os 11 quilómetros que separan Curtis e Teixeiro converteranse nun símbolo do esforzo na loita contra o cancro ao ser esta a distancia que percorrerán as decenas de atletas que participarán na III Carreira e Andaina Solidaria que organiza o Concello de Curtis e a Federación Galega de Atletismo e na que colabora a Asociación de Axuda contra o Cancro.
A iniciativa foi presentada na Praza de España en Teixeiro polo alcalde de Curtis, Javier
Caínzos, acompañado do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, a
coordinadora de xuntas locais da Asociación de Loita contra o Cancro de A Coruña, Rocío
García, e a presidenta e membras da xunta local Curtis-Teixeiro desta mesma asociación. Así
como as concelleiras de Cultura, Igualdade e Educación, Eva Lata a concelleira de Servizos
Sociais, Marta Barreiro.
Durante a presentación, animouse á participación nesta iniciativa, pensada para visualizar o
camiño que aínda queda por andar na loita contra esta enfermidade e para que participen
persoas de todas as idades, adultos na carreira e na andaina, pero tamén nenos, que poderán
inscribirse na andaina. Ademais tamén se pretende fomentar os hábitos de vida saudable.
A saída da carreira será ás 10:30 horas e ás 10:35 h a da andaina, ambas dende o polideportivo municipal de Curtis. A meta estará na Praza de España, en Teixeiro.
O prazo de inscrición, que se pechará o día 6 de xullo, está xa aberto na páxina da Federación
Galega de Atletismo na seguinte ligazón: https://cutt.ly/VJIxi4E