O CONCELLO DE CURTIS ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN E ACTIVIDADES SAUDABLES
O Concello de Curtis vén de comunicar que dende hoxe e ata o 16 de xuño permanecerá aberto o prazo para anotarse nos campamentos de verán e nas actividades saudables.
Os campamentos realizaranse, como todos os anos, nos centros de ocio de Curtis e Teixeiro. Estarán divididos en catro quendas. A primeira comezará o 22 de xuño e a última finalizará o 11 de agosto. Os campamentos están destinados a menores nados entre o 2008 e o 2019 e contarán cun horario de 8:00 a 14:00 horas.
En canto ás actividades saudables, trátase de actividades deportivas de verán gratuitas. O horario das mesmas é de 10:00 a 13:00 horas. Dentro das actividades inclúense un campus de fútbol, xogos atléticos, búsquedas do tesouro, xogos olímpicos, excursións…
As follas de inscrición pódense descargar na páxina web do concello, redes sociais, sede electrónica ou recoller na Casa do Concello sita en Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis.
PREME NA LIGAZÓN: TRIPTICO_VERÁN_E_SAUDABLES.pdf