Numeracion Curtis logos

INICIADAS AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NOS LUGARES DE A HEDRADA E VILARIÑO FINANCIADAS CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020

O Concello de Curtis vén de iniciar as obras correspondentes ó proxecto de “Acondicionamento de camiños municipais nos lugares de A Hedrada e Vilariño no Concello de Curtis” encadrado dentro das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) concedeu unha subvención total para a execución das actuacións de 146.970,73 euros.  

Servizos basicos locais placa page 0001 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.