Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis inicia o proceso de deseño da Axenda Urbana

O concello de Curtis comeza este luns o proceso para deseñar a Axenda Urbana do municipio, un documento que marcará a folla de ruta do concello nos próximos anos.

Esta axenda urbana será unha folla de ruta para transformar o municipio nun lugar máis inclusivo e respectuoso co medio ambiente, e garantir a toda a cidadanía unha calidade de vida plena, á vez que se preservan os recursos naturais para as xeracións futuras. Supón un paso decisivo na visión a longo prazo da política municipal.

Esta folla de ruta materializarase nun Plan Estratéxico de Acción Local (PEAL), estruturado en 10 áreas crave, que inclúen o plan urbano e territorial, a mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a circularidade na xestión dos recursos, a equidade e igualdade de oportunidades e o acceso á vivenda e os servizos, o desenvolvemento económico, a diversidade e a cultura locais, a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento da sociedade do coñecemento. Todo iso, en definitiva, para lograr unha política local máis capaz, mellor financiada e máis participativa.

O proceso de deseño da Axenda Urbana será altamente participativo, contando coa contribución da comunidade local, axentes chave do tecido empresarial e distintas organizacións, así como expertos nas materias de interese. O Concello de Curtis está comprometido coa inclusión de todas as voces neste proxecto, asegurando que a Axenda Urbana reflicta a visión de todos os habitantes do municipio.

A redacción do PEAL implicará, ao longo das próximas dúas semanas, a realización dunha serie de entrevistas a axentes relevantes en todos os ámbitos que a Axenda Urbana inclúe. En paralelo, desenvolverase unha consulta pública aberta a toda a cidadanía, co fin de coñecer as necesidades e prioridades con respecto a cada un dos obxectivos que a axenda se expón. A finais do mes de novembro está previsto realizar a presentación pública do diagnóstico do territorio municipal, na cal a cidadanía poderá validar cales han de ser as prioridades de Curtis de aquí a 2030.

IMG 0582 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.