O Concello de Curtis acolleu preto de 5.000 visitantes na III Feira-Exposición de Playmobil pese as inclemencias do tempo
Este fin de semana, Curtis acolleu a preto de 5.000 visitantes na súa III Feira-Exposición de Playmobil organizada pola Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil Aesclick e na que colabora o Concello de Curtis. A feira congregou a persoas procedentes de diferentes puntos de Galicia pero tamén de distintos puntos de España como Burgos, Palencia, Gijón e Alicante, entre outros.
Curtis consolídase así como a meca dos playmobil onde este ano se expuxeron un total de 3.250 figuras en 9 dioramas de temáticas diferentes. Tamén se contou con 4 puntos de venda.
Curtis reafírmase así como unha cita indispensable para os amantes e coleccionistas destas figuras.