Numeracion Curtis logos

Aprobada a oferta de emprego do 2023

No día de onte, 7 de novembro de 2023, acordouse de forma unánime na mesa de negociación coas organizacións sindicais es os representantes dos traballadores, a aprobación da oferta de emprego público excepcional do ano 2023, a cal ten coma obxectivo estabilizar todos os postos de traballo ocupados por persoal temporal e que por mor do impedimentos normativos non puideron ser obxecto de estabilización con anterioridade.

Os postos ofertados nesta OPE excepcional do ano 2023 son os seguintes:
Persoal Funcionario:
- 1 posto de técnico/a de Intervención e Tesourería
- 1 posto de Auxiliar Administrativo/a
- 1 posto de Arquitecto/a Técnico/a
 
Persoal laboral:
- 2 postos de peón/a do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.
- 1 posto de directora do Centro de Información á Muller.
- 1 posto de asesora xurídica do Centro de Información á Muller.
 
Dende a Alcaldia mostrase satisfeito por que se cumpre o compromiso adquirido coas organizacions sindicais e os representantes dos traballadores; asì coa execución desta oferta de emprego excepcional a taxa de temporalidade quedará reducida a un 0%, cumprindo así con creces co obxectivo previsto na Lei 20/2021, de 28 decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público, de non superar o 8% de temporalidade nas prazas de natureza estrutural.
 
398379363 732641038908323 3385863188790815237 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.