Numeracion Curtis logos

ANUNCIO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL E DAS SECCIÓNS, MESAS E LOCAIS ELECTORAIS ATA O 8 DE XANEIRO

A consecuencia da convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 18 de febreiro, convocadas mediante o DECRETO 150/2023, do 25 de decembro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións e de conformidade co establecido no artigo 39 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de réxime electoral xeral, ponse en coñecemento do público en xeral que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será do 1 ao 8 de xaneiro, ambos incluídos, en horario de 9:00 h a 14:00 h. 

O servizo de consulta poderá realizarse nas oficinas do Concello de Curtis. Durante o prazo de exposición do censo, os cidadáns que desexen efectuar a consulta ou, no seu caso, presentar reclamación administrativa respecto da súa inclusión ou exclusión no mesmo, deberán achegarse ás ditas oficinas municipais, no prazo e horas indicados, provistos do seu DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

 Ínstase á consulta do censo, sobre todo a aquelas persoas que cumpliron recentemente os 18 anos, así como aquelas persoas que cambiaron de domicilio nos últimos meses. 

O censo electoral reflexa a situación dos electores a 28 de setembro de 2023.

votaciones claustro

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.