Volven as axudas ao alugamento de vivenda habitual da Xunta de Galicia
As persoas beneficiarias recibirán unha axuda anual de ata o 50% da renda, dependendo dos seus ingresos e cun prazo prorrogable de ata dous anos.
En función de onde se viva, a renda mensual da vivenda non poderá superar os seguintes importes:
Nas sete cidades: 600€
En determinados concellos: 550€
E no resto de concellos: 425€ (como é o caso do Concello de Curtis).
Toda a info detallada aquí: CONSULTA AS BASES AQUÍ
Presenta a túa solicitude ata o 29 de febreiro na sede electrónica da Xunta de Galicia ou ponte en contacto cos servizos sociais do concello de Curtis no 981 789 003 ou no 981 777 105 extensión 2030.