Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis saca a concurso, por 2.222.876 euros para 5 anos, o servizo de recollida e transporte do lixo así como a xestión do punto limpo

O Concello de Curtis inicia os trámites para contratar a concesión da xestión do servizo de recollida e transporte dos residuos municipais así como a xestión do punto limpo para os próximos 5 anos. Os interesados xa poden presentar a súa oferta a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 6 de marzo de 2024.

A concesión sae a concurso para 5 anos sen dereito a prórroga e o precio é de 2.222.876 de euros, según explicou esta mañá o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, quen destacou que a novidade neste contrato recae na implantación do novo contedor marrón (orgánico) nos cascos urbáns de Curtis e Teixeiro tal e como esixe a nova normativa de residuos.

Explica así o alcalde que os restos que se depositen nos contedores marróns levaránse á pranta especializada do polígono industrial de Teixeiro de tratamento de residuos onde serán convertido en compost para empregar como fertilizante natural. “As vantaxes deste proceso son evidentes. Trátase unha aposta máis pola reciclaxe” argumentaba esta mañá o rexedor. 

contenedor marron 3

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.