O equipo de goberno proporá no pleno de hoxe distribuir os fondos do POS na mellora da rede viaria, gasto corrente, servizos sociais e conciliación
O Concello de Curtis celebra hoxe unha sesión plenaria ordinaria na que se someterá a votación o POS+ 2024, cifrado en 410.783,30 euros, e no que se inclúe dúas actuacións de mellora de rede viaria cun total de 3.212 metros. Trátanse da rehabilitación do firme en “Foxado-Portofoxado, acceso a Morangueiros e Vilarullo, entre outros” cunha inversión de 179.422,59 euros e a e a rehabilitación no camiño Abeledo-Portocelo (Foxado) cunha inversión de 43.683,31 euros. Ademais, tamén se recolle unha partida de 187.677,40 euros para gasto corrente en iluminación pública, limpeza e mantemento de edificios públicos.