O Concello agradece a Rosalía Dans a colaboración para adquisición da casa e parcela de súa nai, Mª Antonia Dans
O pasado mércores inauguramos a casa-museo da artista M.ª Antonia Dans.
Queremos agradecer a Rosalía Dans, filla de M.ª Antonia a súa colaboración na adquisición da casa e a parcela para facer realidade o proxecto da casa-museo que agora, tal e como apuntou ela mesma nunha carta escrita ademais de honrar a figura da súa nai “servirá de galería a outros artistas”.
A súa íntima amiga, Ángeles Terrón foi a encarga de ler o día da inauguración estas verbas de Rosalía que adxuntamos na imaxe adicadas a todos os curtienses.