Numeracion Curtis logos

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA XULLO

DSCF2674Ó longo do mes de xullo desenvolveuse no Centro de Ocio Infantil do concello de Curtis unha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas e destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos seus pais e nais. A iniciativa, enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, xa se tivo celebrado durante as vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa. Na presente edición inscribíronse un total de corenta e seis participantes de idades comprendidas entre os tres e os doce anos.

Entre as actividades realizadas destacan os xogos populares, acuáticos e con paracaídas, as manualidades e os contacontos, cos que se traballou a interiorización do principio de igualdade entre homes e mulleres. Por outra banda os nenos e nenas fixeron unha saída á Feria de Curtis, realizaron unha ruta polo Mandeo, coa visita ó Centro Etnográfico, e participaron na campaña de reciclaxe "Separemos ben, reciclaremos mellor" promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras xunto con Sogama e os Sistemas Integrados de Xestión Ecoembes, Ecopilas e ERP.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.