Numeracion Curtis logos

A Escola Infantil de Teixeiro acolle este curso 48 nenos

Todos os solicitantes obtiveron praza no centro

  • Un total de 48 nenos comezaron o curso na Escola Infantil A Galiña Azul de Teixeiro, en Curtis, tres máis que o ano pasado.

fotogalinaazul20150916As clases iniciáronse con total normalidade e podéronse matricular na escola todos os nenos que solicitaron praza, tal e como se comprometera o alcalde Javier Caínzos a medidos do pasado mes de maio ante o Consello Escolar, do que forma parte, tal e como se reflicte nas actas desa reunión. Ademáis, tras a preocupación manifestada por algúns pais, este compromiso foi ratificado ese mesmo mes polo Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar, do que depende a Escola Infantil.

O centro de Teixeiro ten capacidade para 61 prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos de idade.

Aberto o prazo para a excursión da terceira idade á Festa do Marisco de O Grove e a Cambados

  • A viaxe, de 110 prazas habilitadas, será o vindeiro 8 de outubro

cartel excursion GroveO Concello curtiense, a través da súa área de Benestar Social, abre o prazo de inscrición para a excursión o próximo 8 de outubro á Festa do Marisco de O Grove e a Cambados, organizada para os maiores do municipio. As personas interesadas nesta viaxe poderán apuntarse ata o 5 de outubro nas oficinas da Casa do Concello en Teixeiro ou nas dependencias municipais no Recinto da Feira en Curtis.

Para poder inscribirse nalgunhas das 110 prazas habilitadas é necesario presentar o carné de terceira idade do Concello. O prezo da excursións será de 12,41 euros.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.