CELEBRADA II XORNADA INTERXENERACIONAL DO CONCELLO DE CURTIS
Este venres día 26, tivo lugar na Oficina Municipal de Curtis a II Xornada Interxeneracional, que forma parte do proxecto 1.3 de Democracia Participativa: "Diálogo interxeneracional: +participación +democracia"
Os participantes de este encontro foron xóvenes e maiores que falaron e buscaron solucións aos distintos temas que os afectan a ambos: participación política, protección social, accesibilidade e diálogo interxeneracional.