UV BANNER Curtis 2023 web

PROGRAMA SOY EMPRENDED@R

O programa "Soy emprended@r” se leva a cabo nos concellos de Arzúa e Ordes. O programa consta das seguintes fases:

- Formación teórico-práctica, cunha duración de 50 horas onde se desenvolven competencias craves para xerar un cambio de comportamento dos mozos emprendedores, acompañadas por titorías individuais co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade mediante o emprendemento ou por conta allea.

- Plan específico de mentorización con expertos en diversas materias que axudarán ao participante a avanzar no proxecto empresarial e traballar a busca de emprego por conta allea.

- Elaboración e avaliación do plan de empresa ou de emprego de cada un dos mozos participantes.

Está dirixido a mozos menores de 30 anos rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.Todos aqueles participantes que completen as accións do proxecto recibirán unha Tablet como complemento da formación.

Data de comezo:

Arzúa: 23 de abril en horario de 15:30 a 20:30 (no edificio multiusos Terra do Queixo).
Ordes: 25 de abril en horario de 9 a 14 (no Museo do Traxe Juanjo Liñares).

Prazo de inscrición: Atopase aberto ata o día anterior ao comezo das accións: Arzúa: 22 de Abril Ordes: 24 de Abril

 

Máis información e inscrición:

Tel.: 988 39 15 15 - 665761939

www.soyemprendedorgalicia.es

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PROBAS OFICIAIS CELGA 2018

Convocadas as probas para obter o Celga mediante a resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018

Datas de realización das probas: 

Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Prazo de inscrición: ata o 13/04/18

Máis información: Aquí

Obradoiro "Introdución ó Método Biointensivo de Cultivo"

Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo. Os seus principios de actuación non só producen alimentos nutritivos e orgánicos, senon que tamén reconstrúen e melloran a fertilidade do solo.

Será impartido polos formadores Juan M. Martínez Valdez, Director de Ecopol, asesor de Ecology Action e responsable da difusión do método en Latinoamércica e Europa, e por Guillermo Rodríguez Barreiro, Enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Intermedio do método.

Día 10 de abril de 16 a 20h, e día 11 de abril de 10 a 14h. (8 horas de duración total)

Lugar: Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar

A quén vai dirixido: Persoas que teñen unha horta ou que teñen interese en aprender a cultivar alimentos de forma respectuosa co medio. Persoas interesadas en coñecer este método de produción agroecolóxica. Persoal docente e persoal dos concellos interesados en integrar a agroecoloxía e a alimentación local e ecolóxica nos centros e espazos públicos.

Prezo: 10 euros.

Prazas: Limitadas

Organiza: Amigos da Terra, Ecopol AC e Asociación Raiña

Hai posibilidade de aloxamento no centro para aquelas persoas que o desexen.

Para máis información ou reservas, podes contactar neste email ou no teléfono 693747500

Proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto”

EMPRURALA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.

PROBAS DE ACCESO AO FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

As solicitudes deberán presentarse, en papel nun centro público de formación profesional (agás no Rodolfo Ucha Piñeiro), por correo ou ben pola aplicación dispoñible na páxina web www.edu.xunta.es/fp.

FP Medio: Prazo de inscrición: 12 ao 23 de marzo de 2018. 

FP Superior: Prazo de inscrición: 8 ao 23 de febreiro de 2018.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext.2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.